| Niebla al amanecer novo disco de Piquín |
|
|
|
| Mércores, 30 Maio 2012 11:40 | ||||||||
|
Dende hoxe podedes atopar na nosa tenda www.paitunes.com o primeiro disco de Piquín (Jesús Pintos Capeáns): “Niebla al amanecer”, gravado integramente en Casa de Tolos, este é un álbum cheo de sentimentos e experiencias. Piquín é compositor, cantante e guitarrista, non se dedica profesionalmente a música, aínda que é e síntese músico. Vinte anos escribindo cancións deron lugar a este disco no que se inclúen temas de diferentes etapas dunha vida. “Solos en el camino”, “En el laberinto”, “Perla Negra” o “Nos vamos a la mar” son algunhas das cancións que compoñen este álbum. As súas letras falan de amor, de desamor, de soidade, da existencia, da dúbida, do kafkiano, dos cambios e voltas que da a vida. Un disco que fala da vida mesma, cancións que reflexan como se ven as cousas ó largo dos anos, as veces, con algún guiño filosófico e reservando un lugar para a ironía. En definitiva, unhas letras con personalidade e vida na voz desgarrada de Piquín, que se acompaña de grandes músicos, con Álvaro Lamas no pedal steel, Leandro Deltell na batería e o propio Piquín coa guitarra eléctrica. Todo baixo a dirección musical de Segundo Grandío, quen tamén se apunta a acompañar cos baixos e teclados adicionais. Un conxunto que da como resultado un disco que ten un compoñente ecléctico tamén en estilos, tempos, armonías e líricas, dentro dun fío de produción británica que une todo. Aquí tendes de regalo o tema "Niebla al amanecer":
|