Follow us on Twitter
Un libro-CD-DVD que recompila dúas décadas de traballo a prol do patrimonio común galego-portugués PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 05 Decembro 2012 13:15

Cando está a piques de cumprirse o seu vinte aniversario, Ponte…nas ondas! decide lanzar unha recompilación da súa historia: NA PONTE, editado por PAI Música. Este traballo que pretende inmortalizar todo o significado desta experiencia recóllese en catro soportes (CD, libro, DVD e unha páxina web).

portada na ponte

 

Neste proxecto conflúen alumnos, profesores, profesionais dos medios de comunicación, antropólogos, artistas, deseñadores e diferentes persoas e entidades que colaboran con Ponte…nas ondas! Esta unión, ao longo dos anos, fixo posible que unha modesta experiencia educativa se convertese nunha importante referencia no traballo transversal coa educación, a cultura, o patrimonio, as TICs e a comunicación.

Conxuntamente, dende o próximo 2 de decembro, desenvolverase baixo o nome NA PONTE AO VIVO unha experiencia “radiovisual” ao vivo que recorrerá Galicia e Norte de Portugal para achegar esta experiencia a cada recuncho da Eurorrexión.

O LIBRO

Duascentas páxinas nas que se describe a diversidade de ámbitos de actuación de Ponte…nas ondas! e se recollen as achegas realizadas por personalidades de cada unha das áreas que conflúen arredor desta experiencia. O ilustrador e debuxante Andrés Meixide é o responsable do diseño gráfico.

O CD

É unha paisaxe sonora pola que van pasando as colaboracións que  artistas de tres continentes realizaron para Ponte…nas ondas!  Ábrese cunha Suite, de Xosé Manuel Budiño, que sintetiza sonoridades e expresións dunha ponte configurada por voces de alumnos, artistas e locutores radiofónicos. A partir desta primeira composición, os temas vanse alternando nunha sucesión introducida polas voces dos alumnos que nos achegan a Recife, Maputo, Santiago, Sao Paulo, Luanda ou Madrid da man de artistas como Lenine, Timbila Muzimba, Xoan Curiel, SocorroLira, Aline Frazao ou Luis Pastor. 23 cancións que navegan nas ondas.

O DVD

Contén unha mostra de diferentes contidos audiovisuais,tamén pensados para as aulas:

· A documental “Pontes nas ondas

· Os videoclips.

· Extras: Contamos no mundo. Recolle a importante colaboración realizada polos narradores orais de Galicia e Portugal. Un recoñecemento ao importante labor que realizan estes novos “trobadores” na transmisión do patrimonio oral galego-portugués, como Cándido Pazó, Carlos Blanco, Paula Carballeira ou Clara Haddad.

na ponte 2

“NA PONTE AO VIVO”

É unha experiencia “radiovisual” ao vivo creada por Ponte…nas ondas!, PAI Música e Casa de Tolos. Unha actividade dirixida á mocedade a través da que pretendemos achegalos, dun xeito lúdico e divertido, ao mundo da radio, do audiovisual e das TICs. Baixo a dirección do locutor Xurxo Souto os rapaces e rapazas vivirán e participarán na realización e escenificación dun programa de radio en directo. Unha experiencia itinerante que recorrerá  tanto Galicia como Portugal. Os concellos que desexen contar con esta actividade nas súas programacións deberán solicitala contactando con Casa de Tolos ou PAI Música.

 

Acceso

Rexístrate para recibir todas as novas de PAI Música



Relacionadas