| Lendas Douradas, o novo disco de Roi Casal |
|
|
|
| Viernes, 12 de Septiembre de 2008 16:24 |
|
Falamos con Roi Casal sobre o novo traballo. "Teño a convicción de que existen Lendas Douradas, gravadas no subconsciente de cada un de nós, nun proceso fraguado de xeración en xeración ao vivir en simbiose co entorno que habitamos, impregnados así da súa esencia. Xacen as Lendas Douradas no pensamento colectivo e florecen irremediablamente para cuñar e por marchamo a cada unha das nosas obras, delatando a nosa orixe de xeito involuntario. Así, tal como unha árbore toma nutrientes da terra e os converte en froito, o músico asimila o valor, o carácter, as ideas, falas e costumes dun lugar para proxectalo en forma de sons."
|