Inicio Inicio PAI Blues & Jazz
Discos PAI Blues & Jazz
{piclens}

carloschildeCARLOS CHILDE - "COOKING MELODIES" (PAI-Música 2007)

"Cooking melodies" é o primeiro traballo discográfico de Carlos Childe, un disco preparado sen aditivos nin colorantes na cociña dos estudios Casa de Tolos polo chef Segundo Grandío, aderezado cun chiquiño de blues e swing, e con moito, moito fundamento. Neste disco, Carlos Childe fai un magnífico exercicio de estilo que destaca claramente a calidade das composicións así como a forza interpretativa coa que explora os terreos do blues. 8 das 12 cancións que compoñen "Cooking melodies" son composicións propias das que destacan temas con gran sabor a swing como "Sitting by the fire" ou "Rain in september", melodías pegadizas como "White donkey" ou "Gold for love", preciosas xoias como "Yellow meadow" ou "Lost in my own room" e magníficas versións de clásicos como "The house of the rising sun" ou "Blue moon". "Cooking melodies" é un disco feito por e para os amantes do bo blues


mikinervioMIKI NERVIO & THE BLUESMAKERS - "15 YEARS OLD BLUES" (PAI-Música 2007)

Falar de Miki Nervio & The Bluesmakers non é falar dun grupo novel, e falar dunha banda lendaria dentro do panorama musical galego que gañouse a pulso o cariño, respeto e admiración do público. Pasou xa moito tempo dende aquel xaneiro de 1992 que formouse o grupo pero que resistiu ao paso do tempo dun xeito máis que digno. Precisamente para conmemorar os seus 15 anos de existencias, Miki e os seus Bluesmakers ofrécennos "15 years old blues", un disco gravado na Escola de Imaxe e Son de A Coruña que, fiel a súa orixe, amósanos claramente a evolución da banda ao longo destes anos, pasando do estilo inicial de blues eléctrico a un son máis acústico da música negra de principios do século pasado. O disco contén 14 temas do blues máis variado, con versións de clásicos como Duke Ellington ou Ry Cooder, pero conta tamén con composicións propias. Souberon recuperar a tradicións das "street bands" utilizando instrumentos como a táboa de lavar, a guitarra de aceiro, o banjo, a mandolina ou o kazoo


 

 

Relacionadas

En TomaJazz.com


Warning: /usr/home/pai-musica/www/cache/03ff0dfb26563b890e757c9b6a53d399.spc is not writeable in /usr/home/pai-musica/www/libraries/simplepie/simplepie.php on line 1623

PAI Tunes

PAI tunesPróximamente podrás comprar y descargar los temas de los grupos y artistas de PAI Música.

PAI TV

PAI TVPAI Tv. Conciertos, vídeos musicales, directos,...todo en PAITV

PAI Agenda

PAI AxendaPAI Agenda. Los próximos conciertos, presentaciónes...para que no pierdas detalle.

Galería