Inicio
PAI coeditará un disco con OQO PDF Imprimir Correo-e
Martes, 10 Xuño 2008 17:55

anaA editora de literatura infantil OQO e PAI alíanse para facer un novo traballo. Baixo ás composicións e interpretacións de Almudena Janeiro, e textos inspirados na colección "O" que o selo OQO destina aos nenos de entre 3 e 7 anos, faise este traballo composto por un CD e un DVD.

Entre os músicos que colaboran no CD están Javier Soto, Pancho Álvarez, Suso Feixón, Lucas Lluma, Cris, Ana, Tino López e S.Grandío.

 

almudenaO DVD inclúe as pezas do disco en audio 5.1 e un karaoke de cada tema con imaxes dos ilustradores de cada libro. Sen dúbida trátase dun traballo cun alto contido pedagóxico que será a regalía para os nosos fillos no vindeiro outono.