| BATUKO TABANKA: "Yuntamon" |
|
|
|
| Martes, 22 Abril 2008 22:07 |
|
CD+DVD
As Batuko Tabanka, mulleres caboverdianas que viven en Burela dende hai 30 anos sirven de nexo común entre dúas culturas. ![]() O Batuko, ritmo da escravitude no século XIX en Cabo Verde, acompáñase en este traballo de sons galegos e caboverdianos nunha mistura única onde a cooperación e a integración son obxectivos do traballo. Musicalmente é un traballo sorprendente feito nos dous territorios e con colaboracións de artistas como Jon Luz, Vadú, Antoni Denti d´Oro, Nacia Gomi, Tcheka, Vitori, Nhonano ou DJ Asaias por parte caboverdiana e Rodrigo Romaní, Uxía, Budiño, Mercedes Peón ou os gaiteiros de Treixadura por parte de Galicia. O traballo saíra en outono. Mentras, disfrutade este adianto.
|