| A nosa traxectoria |
|
|
|
| Luns, 31 Decembro 2007 00:00 |
|
12/2007 - PRÓXIMAS NOVIDADES Neste mes, presentaremos tres dos novos discos de PAI-Música: - O día 11 será a presentación oficial de Operación Can en dependencias do Parlamento de Galicia. Como adianto amosámosvos o videoclip de "O ceo", canción gravada polos rapaces do Colexio Xulio Camba de Vilanova de Arousa. - "Cinsa namorada", o debut discográfico de Tino Baz, presentarémolo o día 19 no Centro Cultural de A Guarda (Pontevedra). "Canción dun pintor" é a canción elixida como vídeo promocional deste interesante traballo. - Por último, o día 21 no Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) de Santiago de Compostela, presentaremos un dos traballos máis agardados e que sen dúbida será un dos discos do 2008 en Galicia: "Na flor dos meus anos" da Señora Carmen. Estos tres traballos discográficos están xa dispoñibles na nosa tenda web. 11/2007 - Como os adiantamos o pasado mes, o 19 de Outubro foi a presentación do "Greatest hits" de Cornelius. Se queredes ver como foi dita presentación, fixemos un vídeo sobre elo. Só hai que pinchar aquí. Tamén está dispoñible o primeiro videoclip de "Fool forever", que é o Vídeo do mes en Casa de Tolos. Por último, deciros que a banda de Arousán é unha das seis bandas finalistas de The Global Battle of the Bands (GBOB Challenge 2007), na súa edición española. Esta final será o 3 de Novembro na madrileña sala Gruta 77 e o gañador representará a España na final mundial que celebrarase en Londres en Decembro. Dende PAI-Música queremos desexar moita sorte a esa gran banda chamada Cornelius. "Hielo sobre hielo" é o primeiro videoclip de "Realidad", o novo disco de Magín Blanco. 10/2007 - Os vindeiros días 26 e 27 de Outubro ás 19:30 h, presentaremos na FNAC de A Coruña o noso novo apartado de Blues & Jazz; o día 26 con "15 years old blues" de Miki Nervio & the Bluesmakers e o 27 con "Cooking melodies", o primeiro traballo discográfico de Carlos Childe, discos que estarán dispoñibles na nosa tenda web a finais deste mes. Tamén, o próximo día 19 faremos en Vigo a presentación oficial ante os medios de "Greatest hits" de Cornelius, un traballo que estamos seguros vai a dar moito que falar, xa que o disco ten moita calidade. 09/2007 - PRÓXIMAS NOVIDADES PAI-Música editará 13 novos traballos nos vindeiros meses, todo un record para os tempos que vivimos. O primeiro deles é "Realidad", a segunda entrega discográfica de Magín Blanco que, tralo éxito de "Ella" ofrécenos unha colección de 10 cancións de corte pop intimista como "Lluvia dorada", "El corazón de los pájaros", "La fiesta" ou "Mi borrachera". O 22 de Setembro ás 20:00 h faremos a primeira presentación de "Realidad" na recentemente inaugurada FNAC de A Coruña, presentación á que dende aquí invitámosvos a acudir. "Realidad" estará dispoñible na nosa tenda web a partires da segunda metade de Setembro. En moi pouco tempo, estrearemos noso apartado de Blues & Jazz con dous novos discos. O primeiro deles será "15 years old blues" de Miki Nervio & the Bluesmakers, unha banda lendaria en Galicia que co paso do tempo soubo gañarse a pulso o cariño e o respeto da xente. O segundo disco é "Cooking melodies", o primeiro disco da Carlos Childe Troupe, unha formación coruñesa que ten un estilo musical baseado no blues e o swing. Se queredes ver o vídeo clip de "Sitting by the fire" tan só hai que pinchar aquí ou ver o Vídeo del mes en Casa de Tolos. 08/2007 - O vindeiro 18 de Agosto coñecerase o gañador do A Polo Ghit, o concurso organizado pola Radio Galega e Vieiros que anda na procura da canción do verán. Agora mesmo, despois dunha primeira votación, quedán 10 finalistas entre os que se encontran dous artistas de PAI-Música: Magín Blanco coa súa pegadiza "Ti es de aquí ou viñeches á festa" e Jabón Blue con "Tranquilo, viejo", un divertído tema con sabor veraniego. Para escoitar e votar a algunha, ou ás dúas cancións só tedes que pinchar aquí. 07/2007 - Xa podedes mercar a través da nosa tenda web o novo disco de Malvela "da miña xanela á túa" e a estrea discográfica de Cornelius "Greatest hits". 06/2007 - Sete Saias están de nora boa. Acaban de esgotar a primeira edición do seu disco, estrean nova páxina web (www.myspace.com/setesaias) e por se fora pouco, participaran no prestixioso Festival de Ortigueira 2007. "Comercial", o fantástico disco dos composteláns Ruxe-Ruxe esgotou a segunda edición. Nas vindeiras semans a terceira edición do seu traballo estará dispoñible para todos os seguidores deste grupo galego. A Señora Carmen, unha das compoñentes mais carismáticas de Malvela que editará disco nos próximos meses con PAI-Música, xa ten a súa propia páxina web (www.sracarmen.com/). Ós seus recentemente cumpridos 82 anos debutará en solitario cun dos discos mais importantes do ano, "Na flor dos meus anos". Nesta páxina web, ademais de fotografías, información e moitas mais cousas, pódese ver o tráiler promocional do disco, así como escoitar dúas das súas mellores cancións: "Na flor dos meus anos" e "Ramo verde". 05/2007 - PRÓXIMOS LANZAMENTOS Agora que estamos ás portas do verán, en PAI-Música estamos a piques de estrear novos traballos. A primeira novidade é o terceiro traballo de Malvela que levará por nome "da miña xanela á túa". O disco estará dispoñible na nosa tenda web a finais de Maio. Namentres, como adianto a este agardado traballo podedes ver na nosa canle de Youtube os seus dous novos vídeos: "Pirimpimpín"e "A gota d´agua". A outra novidade ven dende Vilagarcía de Arousa, chámanse Cornelius e veñen de gañar o concurso pop-rock LocaliA¡. PAI-Música editará a súa opera prima que levará o curioso nome de "Greatest hits". Cornelius é un grupo de rock sofisticado e elegante que cantan en inglés e podemos asegurarvos que darán moito que falar, xa que sóbralles calidade. Por último, comentarvos que El Cubo foron premiados de xeito especial no Festival de Cans 2007 polo seu vídeo "Como cada día", vídeo realizado polos nosos compañeiros Miguel de la Peña e Pablo Casal. 03/2007 - Jabon Blue xa teñen páxina web. Aínda está en fase de construción, pero ten información e fotos do grupo, un libro de visitas e podedes oír algunhas das súas cancións. Só tedes que teclear www.jabonblue.tk para acceder á páxina. 1/2007 - Dous dos discos editados por PAI-Música en 2006 aparecen no número de este mes da revista Mondo Sonoro como uns dos mellores discos galegos do pasado ano. Foron o fantástico Comercial de Ruxe Ruxe e o superfunky eROCKtile dysFUNKtion SOULutions de Moon Cresta. 1/2007 - Xa podedes mercar a través da nósa tenda web os discos de Javier González Méndez e de Sete Saias. 1/2007 - Podedes desfrutar de novos vídeos na nósa canle de youtube. Ademáis dos vídeos sobre a presentación do Quiquiriquí e das novidades de inverno de PAI-Música podedes desfrutar co novo vídeo de Javier González Méndez co tema que da título ao seu novo disco Sin novedad en el frente. 12/2006 - O día 5 de decembro celebrouse no Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) a presentación aos medios de comunicación do disco-libro O Quiquiriquí: Cantos para o Nadal. Nela interviñeron Don Luís Bará, o Director Xeral de Creación e Difusón Cultural da Xunta de Galicia e Pablo Carpintero en representación da Asociación de Gaiteiros Galegos. En breve poderedes desfrutar de un vídeo-resumo de todo o que se falou nesta presentación. 11/2006 - O novo traballo de Moon Cresta, eROCKtile dysFUNKtion SOULutions xa está a venda a través da nosa tenda web. Ademáis, tamén podedes desfrutar de tres novos videoclips na nosa canle de youtube: El hombre del saco de Jabon Blue, unha versión desenchufada do Funkatronic de Moon Cresta e un vídeo do tema Rompendo a marea do dúo de arpas e voces Sete Saias como adianto do seu primeiro disco que será editado próximamente. 11/2006 - Xa podedes desfrutar de un novo vídeo na nosa canle de youtube, trátase do videoclip do tema Funkatronic pertencente ao novo disco de Moon Cresta Erocktile Dysfunktion Soulutions que pronto poderedes atopar nas tendas. 09/2006 - A revista Ruta 66 sae este mes de setembro cunha interesante entrevista a Magín Blanco na que o músico da Rúa comenta o seu último disco en PAI-Música Ella...Tamén podedes desfrutar das palabras de Magín no número deste mes da revista Mondo Sonoro. 09/2006 - PRÓXIMOS LANZAMENTOS
06/2006 - A partir de agora mesmo podedes acceder á nova páxina web de Queno, onde atoparedes toda a información que precisades sobre este grande artista. A dirección é do máis sinxelo: só tedes que teclear www.pai-musica.com/queno no voso navegador e xa está. 06/2006 - O día 6 de xuño tivo lugar a presentación aos medios de comunicación dos lanzamentos de primavera-verán de PAI-Música. Os discos presentados foron:
Todos eles (agás o de Ruxe Ruxe, que tardará un pouquiño máis) podedes mercalos a través da nósa tenda web ou en calquer tenda. A qué estades agardando? 06/2006 - Novos discos en PAI-Música!! A partir de xa, podedes mercar as novidades para a tempada primavera-verano. Os discos de Treixadura, Augusto Canário & Amigos, El Cubo, Magín Blanco e Queno están dispoñibles xa dende a tenda web. 04/2006 - O CD-libro-DVD Meniños Cantores xa está disponible a través de Biblos Clube de Lectores. Poderes conseguilo a través da súa web ou, se sodes socios, na revista que vos envían. 01/2006 - Comezamos o ano coa estrea da nova tenda web de PAI Música. 11/2005 - O día 25 de novembro a UNESCO fará pública a súa resolución sobre a Candidatura do Patrimonio Inmaterial galego-portugués como obra mestra da humanidade. Desde PAI damos todo o nóso apoio á Candidatura. Ti tamén podes mostrar o teu apoio asinando pola Candidatura. 11/2005 - Meniños Cantores xa está a piques xa está na rúa. Se queres podes mercalo a través desta web e se prefires facelo nunha tenda podes consultar aquí unha lista dos puntos onde se vende o disco. 11/2005 - O 7 de Novembro será a data de saída de MENIÑOS CANTORES. 05/2005 - Os Carunchos engaden un pouco de sabor tradicional co seu novo disco "Montealegre" 05/2005 - OCoro San Vicente de Mañufe ofrécenos o seu primeiro disco: "San Vicente Iº (Único)" 04/2005 - Dr. Harapos saca o seu disco "Historias de Psiquiátrico" 01/2005 - Emma Placer presenta "A la primera". 12/2004- Malvela sacan o disco de Nadal "O Aghinaldo". 11/2004- Por fín!! O disco "Debo más de lo que puedo" de VADO PERMANENTE ve la luz. 11/2004- Editamos "Corais da Mariña" 09/2004- Sae SON CATRO DOS OITENTA, por encarrego do Concello do Porriño.06/2004- Sae "Fervendo" de Ruxe-Ruxe. 05/2004- Sae "Corais do Camiño". 05/2004- PAI edita el Himno de Familias Mundi por encargo de la ONG. 01/2004- Sae o disco "Pensamientos inútiles" do grupo PANDORA. 10/2003- Por fín, a fináis de outubro do 2003, o disco de Cambio De Planes sae á luz. 07/2003- Editamo-lo disco da Asociación Cultural HELIOS de Bembrive baixo encargo da propia asociación. 05/2003- Editamos Silennce do grupo de new metal Aphonnic, grupo vigués impulsor de PAI. 05/2003- Editamos por encargo da Asociación Cultural de Vincios un disco compilatorio das catro formacións. 03/2003- Facemos a primeira fabricación. É un maxisingle para Turgalicia feito por Factoría do Son, un colectivo de músicos asociados o estudio de gravación Casa de Tolos. 02/2003- Créase PAI( Produccións Audiovisuais Inxeniosas), con sede en Mañufe, Gondomar, Pontevedra, Galicia, Spain Antes do 02/2003- Dende que nos adicamos o mundo da música (século III a.C. polo menos...) tivemos a curiosidade por coñecer cómo funcionaba a indústria musical. Despóis de ser músicos "en activo" durante moitos anos, técnicos de son, productores artísticos, arranxistas e compositores démonos conta de que ainda quedaba moito por facer... |