Como é o choio  
   
 
 
 
  Se tes dúbidas..pregunta no foro.
   

A cousa éche ben sinxela. O concurso consiste en remezclar o tema FARTO incluído no último disco Paraugas Universal. Proporcionámosche as pistas e as ferramentas, e tan só tedes que mesturalas no voso programa multipista para crear unha nova versión deste temazo. O estilo musical froito da re-mestura é totalmente libre. Todo está permitido (engadir novas pistas, engadir loops, efectos, ...).

Unha vez teñades os temas montados, tedes que envialos por email ao enderezo remixlamatumba@pai-musica.com . Inicialmente os participantes debedes enviar os tema en formato MP3 a un mínimo de 128 Kbps. Posteriormente solicitarase ao gañador o arquivo orixinal con maior calidade.

 
Os novos temas mesturados publicaranse nesta web para sometelos á votacións dos usuarios. O gañador será elixido cun 50% dos votos dos usuarios e outro 50% polos votos de Lamatumbá + PAI Música. O fallo farase público nas webs de Lamatumbá, PAI Música e nos medios de comunicación que así se fagan eco. O gañador tamén será notificado por email.
 
Podería ser un xamón da Cañiza ou un lacón con grelos, pero coido que o mellor recoñecemento que podemos facerlle ao artista gañador é facer o videoclip dese tema para promocionalo pola rede e os medios.
 
 
  Lamatumba - Paraugas universal
O prazo para entregar as mesturas remata o 27 de novembro 5 de Decembro. Logo abrirase as votacións durante unha semana, xusto despois do peche do prazo de entrega. Os temas que nos vaian chegando serán publicados na web para que poidan ser escoitados.
 
© 2008 Lamatumbá - PAI Música. Todos os dereitos reservados